segunda-feira, 19 de junho de 2017

Escavação



Se durmo reconstrúense os tecidos
e pasa a semana

bórrase a vida máis do que parece.

Eu son borborotos
esporas de simple calor
sen contido, sen alfabeto

pero os luns volvo a perdelo todo
e achégome a aquela antiga escavación
onde atopamos algo diferente
ao que se buscaba.

Pésame aquel desleixo
que estragaba os traballos
e non dou lavado o trapo pobre
que puxemos
para cubrir unha touca sagrada, incorrupta

nin a terra moura
apegadiña á última carne das unllas.


Ollala Cocina